Logo

A Galicia muiñeira

E as xeracións que xiraron ao son dos muiños

Voltar

Muíños da Molinera

📷 Espazo reservado para o carrusel de imaxes
  • 📍 Ubicación: Estrada Campo de Fútbol, nº 63
  • 📍 Lugar: Ponte de Esteiro, Cesantes
  • 🗺 Coordenadas: 42.293213, -8.60782542°17'35.6"N 8°36'28.2"W
  • 🏗 Tipoloxía constructiva: Descoñecida
  • 🏠 Tipo de propiedade: Muíño de maquía
  • 🛠 Estado: Desaparecido, a vivenda que se mostra na fotografía ocupa o seu lugar. Xusto fronte a esta vivenda hai unha moa na rúa, posiblemente do muíño que aquí se atopaba.

Documentación

Ao seu carón houbo tamén un muíño eléctrico. Antes de existir o muiño eléctrico o dono do muíño de auga, Florencio Alfaya Pérez, foi o promotor da instalación dun muíño de vapor, segundo consta na matrícula industrial do arquivo histórico do Concello de Redondela, este peculiar inxenio estivo en funcionamento entre os anos 1919 e 1921.

Dado que este lugar é onde o señor Alfaya tivo os outros muíños (o de auga e o eléctrico), esta puido ser a localización do muíño de vapor. Pero isto último é só unha especulación. Por outra banda, este muíño estaba a poucos metros da propia Ponte de Esteiro. Polo tanto, isto podería conlevar que este formase parte do chamado “Foro de los molinos y terrenos de Esteiro y de Ponte de Esteiro”, ou máis ben, quedar xusto por fora, xa que o límite sinalado nos documentos é a referida ponte.

Qué nos contan os nosos maiores?

Carmen XXX – Entrevistada os días XXXX: Naceu en….., fai agora 90 años. Tivemos o pracer de entrevistala antes e despois da pandemia. Ela foi a muller de …………., o que lle comprou os dous muíños a Javier, o fillo de Florencio Alfaya Pérez, coñecido e adiñeirado avogado. Na finca da antiga “molinera” é onde XXX levantou o aserradoiro que estivo activo durante máis de 60 anos. Esta actividade industrial mudou moito a facíana da zona, un tramo de río tapouse cunha canalización para permitir mover a madeira do almacén á zona de corte. Anteriormente había dúas pontes de pedra: unha para dar acceso ao muiño e outra por onde pasaba un camiño, agora a denominada… Esta última ponte ainda se conserva. Esta zona era o final da marisma de Sta. Mariña, polo que ás veces inundábase tanto que as pontes quedaban inutilizadas e para cruzar tiña que utilizarse unha chalana.

Carmen relata que os muiños xa non funcionaban no momento da compra polo que fai polo menos 70 anos que deixaron de usarse. O muíño de maquía foi de gran importancia na zona por formar parte dun conxunto productivo de certa importancia, tanto polo número de xente que ía a moer, como porque contaba con empregados. Incluso chegou a moer para o exército millo e tamén centeo. O muíño contaba cunha poza nunha cota superior para acumular a auga preto do muíño

Antes de Ponte Esteiro, na ubicación onde agora hai unha construcción rectangular de pedra rectangular e onde estaban as cuadras dos bois que viñan cargados coa fariña. Na ubicación das antigos cortellos fixeronse está construccións rectagular cuns apartamentos. Nun deles vivíu Javier Alfaya ata que faleceu. Javier que non continuou coa senda emprendedora do seu pai Florencio, vendeulle a XXX a explotación fariñeira coa condición de que lle permitisen vivir nun dos novos apartamentos da nova construcción de pedra que se fixo. Na ubicación das antigas cadras é onde estivo situado o referido muiño eléctrico. Isto foi posible grazas a instalación, moi preto de alí, dunha torreta cun transformador de electricidade. Nos documentos do Arquivo Histórico de Redondela, constan as actas do Pleno no que se concede a autorización para a constucción desta infraestructura que permitiu o desenvolvemento da pequena industria fariñeira dos Alfaya.

Rosita de Pintos, relata que lembra a Gloria a “molinera”, unha dos tres imáns da familia Alfaya. A pobreza dos anos da postguerra fixo que Gloria, como outros muiñeiros, ofrecese cachos de pan ás crianzas que pasaban fame.