A Galicia Muiñeira

Este proxecto nace coa vocación de preservar e divulgar a memoria histórica dos muíños de auga de Cesantes, parroquia de Redondela, na provincia de Pontevedra.

Obxectivos

Documentación histórica

Recoller e organizar toda a documentación dispoñible sobre os muíños que funcionaron na zona, desde os máis antigos ata os derradeiros que cesaron a súa actividade.

Memoria oral

Entrevistar a persoas que viveron de primeira man o funcionamento destes muíños, recollendo os seus testemuños e experiencias.

Divulgación

Poñer ao alcance da cidadanía este patrimonio cultural, histórico e industrial que forma parte da identidade galega.

Metodoloxía

O proxecto baséase nunha exhaustiva investigación que combina:

  • Consulta de arquivos históricos
  • Recollida de testemuños orais
  • Documentación fotográfica
  • Análise do patrimonio conservado

Colaboración

Este é un proxecto aberto á colaboración. Se posúe información, fotografías ou recordos relacionados cos muíños de Cesantes, o seu aporte será moi valioso para completar esta investigación.

Recoñecementos

Agradecemos a todas las persoas que fixeron posible este proxecto, especialmente aos veciños de Cesantes que compartiron connosco as súas memorias e saberes.