A Galicia muiñeira
E as xeracións que xiraron ao son dos muiños
Este sitio web é o complemento dixital do libro "A Galicia muiñeira". Ao longo das páxinas do libro atoparás códigos QR que che levarán directamente aos contidos específicos desta web.
Coas ferramentas interactivas desta web queremos que descrubas ós muíños e outros rincóns de interese. A través dos mapas poderás ver a ubicación exacta dos muíños e os sendeiros antigos e novos que comunican peonilmente O Viso, Cesantes e o centro da Vila.
Os muíños son os testigos mudos de todo un mundo xa perdido, pero que conformou o que somos hoxe. Grazas a fariña dos muíños, os cativos de onte, os nosos avós de hoxe, sobreviviron á fame.
Mapa dos muíños
Fai clic sobre calquera marcador para ver máis información
Como usar esta web
Este sitio web complementa o libro físico "A Galicia muiñeira". Mentres lees o libro, atoparás códigos QR que che levarán directamente a contidos específicos desta web: mapas detallados, fotografías históricas e entrevistas con persoas da zona.
Explora o patrimonio
Cada muíño ten a súa propia páxina con información detallada, imaxes e a súa localización exacta. Podes navegar polo inventario completo ou usar o mapa interactivo para descubrir os muíños máis próximos a ti.
Testimonio oral
As entrevistas recollen a memoria das persoas que viviron a época dos muíños en funcionamento, preservando así un patrimonio inmaterial único que forma parte da nosa identidade cultural.